Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2022

Día de convivencia na Granxa do Xesto

Imaxe
O luns 11 de xullo estivemos tod@s @s compañeir@s de MAPIS na Granxa do Xesto. Alí fixemos unha xornada de convivencia con voluntarios de Cooperación Internacional. Eles viñeron a Santiago a facer o Camiño e nas xornadas que están en Santiago realizan voluntariado. Ao chegar trasladámonos á cafetería para poder facer algún xogo de presentación. Chegar alí arriba costounos un montón. As pistas están irregulares e cheas de pedras co que as cadeiras de rodas non poden subir senon son empuxadas por dúas ou tres  persoas.  Pedimos ao Concello de Santiago que teña en conta ás persoas con discapacidade para que arranxe esas pistas e poder disfrutar de verdade de zonas verdes da nosa cidade. Propoñemos que tentedes chegar do aparcamento ao bar nunha cadeira de rodas ou cun bastón e poidades comprobar así  as dificultades que pasamos. Queremos agradecer aos voluntarios a súa labor xa que fixeron este traxecto máis fácil para as profesionais de Sarela, que terían que subirnos elas soas. A pesare

Rugby inclusivo coa Asociación Valentes

Imaxe
O día 25 de xuño asitimos un grupo de persoas de Sarela a unha actividade organizada por Valentes Inclusivos na que o Rugby era a actividade principal. Xabi, educador social en prácticas foi  un dos organizadores e fixo que nos estivéramos ben en todo momento. Explicáronnos que o rugby é un deporte que se practica pouco pero no que se fai un grande esforzo e se traballa a forza e a resistencia.  Hai a crenza de que é agresivo e se fai un dano pero iso estáa lonxado da realidade. Explicáronnos como se facía un placaxe e o ataque. Ten ademias moitos valores de equipo e o mellor é que hai tercer tempo que é tempo de convivencia cos dos equipos: fora rivalidade. Aquí estou eu practicando. Ojalá que para el año podamos volver a disfrutar de es deporte y que más gente se anime a probar.

Actividades de horta e bricolaxe

Imaxe
Seguimos facendo moitas cousas nestas dúas actividades e aínda que non temos moita produción estamos moi orgullosos de que os nosos tomates empecen a crecer. Dámoslle os mellores coidados pero aon ser todo totalmente ecolóxico ás veces non saen adiante. Debido as inclemencias do tempo non tivemos chícharos e por iso estamos a facer un soporte para crear o noso propio invernadoiro. Nel colocaremos un plástico e evitaremos as xeadas e o sol extremo. A ver si temos sorte e para a seguinte tempada temos máis produtos ecolóxicos no noso horto.  Como podedes ver tamén plantamos fresas e xa tíñamos algunha na planta pero algún larpeiro acabou con elas: jejeje. As nosas leitugas crecen sen parar, xa son as segundas que plantamos.  Quizás non é a platación mçais grande do mundo pero estamos moi orgullosos dela xa que somo nos os principais responsables xunto con María José que nos axuda sempre. Fagamos unha aposta ¿teremos allos que recolectas? Ogallá que sí verdade? Animamos a todos aqueles qu