Actividades de horta e bricolaxe

Seguimos facendo moitas cousas nestas dúas actividades e aínda que non temos moita produción estamos moi orgullosos de que os nosos tomates empecen a crecer.


Dámoslle os mellores coidados pero aon ser todo totalmente ecolóxico ás veces non saen adiante.

Debido as inclemencias do tempo non tivemos chícharos e por iso estamos a facer un soporte para crear o noso propio invernadoiro. Nel colocaremos un plástico e evitaremos as xeadas e o sol extremo. A ver si temos sorte e para a seguinte tempada temos máis produtos ecolóxicos no noso horto. 


Como podedes ver tamén plantamos fresas e xa tíñamos algunha na planta pero algún larpeiro acabou con elas: jejeje. As nosas leitugas crecen sen parar, xa son as segundas que plantamos. 



Quizás non é a platación mçais grande do mundo pero estamos moi orgullosos dela xa que somo nos os principais responsables xunto con María José que nos axuda sempre.

Fagamos unha aposta ¿teremos allos que recolectas? Ogallá que sí verdade?


Animamos a todos aqueles que teñan terraza a plantar e facer un horto ecolóxico xa que son os produtos mais sans e ricos.

Ata a próxima¡¡¡¡¡


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA