Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

FEIREANDO

Imaxe
 Ola a toda e todos unha semana máis! Despois de celebrar o Día do Apóstolo, festivo en toda Galicia, desde o SADT   queremos contarvos a nosa visita á Feira Medieval de Noia  que se celebra dende o ano 1997. Como vedes van alá 27 anos e podemos afirmar que cada ano é mellor e tamén cada ano visítana máis persoas. Nos fomos visitala o pasado venres 19 de xullo. Saímos do centro ás dez da mañá e en apenas 40 minutos chegamos. Unha vez alí fixemos unha visita pola vila que está ambientada  na época medieval. Ademais hai un montón de postos nos que podemos atopar xoias, xabróns artesáns, ferramentas agrícolas, cetrería de especies naturais, postos de comida, artigos de decoración, especias, produtos naturais para facer tatuaxes e para realizar a depilación así como postos de comida con churrasco, empanada, pan, doces, cerveza e viño. As persoas dos postos estaban vestidas como na época medieval e tamén moitos visitantes e así levounos a pensar que ao mellor para o ano animámonos a vestirn

CAMIÑANDO CON ILUSIÓN

Imaxe
Ola a todas e todos, Somos as persoas usuarias do Servizo de Mellora e Mantemento da  Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS) e queremos contarvos a experiencia deste ano facendo o Camiño de Santiago. O pasado ano realizamos parte do Camiño Francés e este ano animámonos a facer o Camiño Portugués desde o Concello de Padrón.  Non todos/as temos as mesmas capacidades polo que realizamos as etapas por grupos. Algúns de nós  puidemos camiñar máis de 4 km diarios e outros facían sobre 2 ou 2.5 km.  A derradeira etapa realizámola o luns 8 de xullo e chegamos todos xuntos e isto fíxonos moita ilusión. Tivemos que adaptarnos os uns aos outros porque, por ritmo, poderiamos chegar uns antes ca outros pero uns esperamos polos compañeiros e compañeiras para facer a entrada na praza do Obradoiro todos xuntos. Despois de chegar fomos tomar algo e celebrar que, con esforzo, pódese conseguir o que un se propoña.   "A MÁIS LONGA CAMIÑADA, COMEZA CUN PASO"

TRAZANDO CAMIÑOS

Imaxe
  O pasado 20 de xuño Sarela organizou as Xornadas Trazando Camiños no que eu Vicente Maneiro fun convidado a participar nunha das Mesa Redondas.  A entidade xunto coa Orientadora Laboral, Noelia Parente do Servizo de Orientación Laboral (SOL) pretenderon que esa xornadas se convertiran nun   espazo de reflexión e posta en común de experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con Dano Cerebral. Explicábame Noelia que os datos en relación á situación laboral das persoas con DCA indican que só o 13% destas persoas declaran ter traballo cando antes da lesión o tiñan o 71%. Os estudios sobre calidade de vida tamén conclúen que o 58% das persoas con Dano Cerebral perciben que a súa situación laboral deteriorouse e que se suma ao empeoramento do estado de saúde, benestar emocional, relacións sociais etc. Na miña Mesa chamada " O camiño do dano cerebral cara a inclusión sociolabora

ENGLISH GRADUATION

Imaxe
Ola a todos e todas! Como estades? Esperamos que moi ben. Xa se achega o verán e con el  o remate de moitas actividades. Nós hoxe queremos explicar unha desas actividades que realizamos no Servizo de atención diúrna terapéutica (SADT) e coa que estamos encantadas e encantados. A sesión que imos contar foi, ademais, especial. O día 3 de maio, como cada venres, algunhas persoas do SADT asistimos á actividade que se chama  "English Coffee" e na que praticamos os nosos coñecementos de inglés e, por suposto, aprendemos outros novos. Levamos facendo esta actividade varios anos pero desde o pasado temos unha voluntaria encantadora que se chama Marta e que lle deu á actividade un troco que a todas e todos nos encanta. Ese venres, o primeiro que nos sorprendeu foi que cambiamos de espazo. Normalmente “tomamos” o “english coffee” nalgunha das salas do noso servizo mais ese día fomos ao primeiro andar, onde esta a sala de formación de Sarela. Ao subir, tivemos que esperar un pouco e des

CREANDO

Imaxe
Ola de novo a todas e todos, Esta semana despois dos festivos e de pasalo xenial, queremos compartir convosco o resultado dunha das actividades que máis tempo leva no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) e que tamén facemos no Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión social (MAPIS). No SADT a actividade chámase "Expresión Artística" e en MAPIS "Creativamente". Para a tenda de Sarela  a tenda de Sarela realizamos un "Pack Verán" formado por unha bolsa, un estoxo garda todo e unha funda para gafas ou teléfono móbil realizadas completamente a man.  Imos a explicar cada obxecto: Bolsa de praia: o exterior da bolsa está estampado a man e no interior está forrado con tea impermeable. O peto exterior está realizado cunha rede de pesca reutilizada da zona de Muros. Ten peche con botón de presión e un enganche interior para o garda todo do conxunto. As medidas son de 40X56 cm. Garda todo: como a bolsa, o exterior está decorado a

REHABILITANDO

Imaxe
Ola a todas e todos unha semana máis.  Desta volta queriamos contarvos unha saída que nos gustou especialmente e da que desfrutamos moito os compañeiros e compañeiras, así como as profesionais, do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e a Inclusión Social   MAPIS  . Anotade porque paga a pena facer esta visita. Fomos de excursión até o concello de Outes, na ría de Muros-Noia, para visitar unha xoia do seu patrimonio industrial: o Estaleiro Ciprián. Este antigo estaleiro foi rehabilitado e hoxe está convertido nun espazo museístico da carpintaría de ribeira e tamén acolle unha oficina de turismo. Neste enlace tedes a localización e neste outro información da páxina web do Concello de Outes  sobre o estaleiro. Na visita explicáronnos que antes de comezar a rehabilitación, realizouse un estudio que puxo en contexto a historia do edificio e a súa importancia como patrimonio marítimo. Na actualidade, o edificio ten uso cultural que respectan e non esquecen as súas tradicións

DESCUBRINDO O MUNDO

Imaxe
Ola a tod@s, Na entrada desta semana as persoas usuarias do SADT queremos que vos animedes a coñecer un espazo bastante accesible no que tódas as persoas podemos pasar un ratiño agradable. A ruta é circular e ten 3,6 km na súa totalidade e a duración para unha persoa que camiñe a un ritmo normal é de 50 minutos. A nós pode levarnos máis tempo pero a dificultade da ruta é baixa. Está repleta de rincóns para desfrutar da andaina e contemplar a ría, varias praias, observar aves mariñas etc. Queredes saber onde é? O venres 12 abril   cinco compañeiros/as acompañados de dúas profesionais e unha persoa voluntaria fomos de saída a Rianxo. Concretamente ao paseo marítimo que vai dende Setefogas ata a praia da Torre (Taragoña). Queremos sobre todo incidir na accesibilidade do lugar para que todas e todos poidades ir aínda que esteades nunha cadeira de rodas ou teñades dificultades de mobilidade doutro tipo. Do primeiro que nos decatamos foi que hai varias prazas de estacionamento para  p

PASIÑO A PASIÑO IMOS FACENDO CAMIÑO

Imaxe
Ola a todas as persoas que ledes esta bitácora. Chámome Juan Ramón Queiro, Moncho para os amigos, e quería aproveitar este espazo para escribir unha reflexión sobre como é a miña vida desde que teño dano cerebral adquirido.  En febreiro do ano 2022 tiven dous ictus:  o primeiro isquémico e aos 9 días o segundo, que foi  hemorráxico. Como consecuencia teño unhas secuelas que comprometen a miña autonomía: unha hemiplexía esquerda (secuela física) e perdas de memoria e déficit de atención (secuelas cognitivas) e problemas de visión (secuelas sensoriais). A miña rehabilitación nun primeiro momento foi complicada. Pasei catro meses no hospital xa que antes do ictus xa levaba encamado un mes por unha infección lumbar. Para min todo foi moi lento, o que provocou que me frustrara porque os avances ían moi pouco a pouco. Despois dun ano as cousas foron cambiando e agora sinto que vou mellorando a miña autonomía. Despois de dous anos con dano cerebral teño que dicir que son moitos os cambios que

"COREANDO" EN SARELA

Imaxe
Ola de novo unha semana máis. Desta vez queremos falarvos dunha nova actividade que temos no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica  SADT : “Coro”. Participamos as persoas usuarias que  de maneira voluntaria nos apuntamos. Nesta actividade traballamos aspectos como a voz, o oído e tamén o respecto e as habilidades sociais. Unha das cousas que estamos a aprender é a interpretar unha canción. Empezamos coa canción "Color de Esperanza" de Diego Torres que, como di a letra, hai que sacar os medos e atreverse a facer.  En cada unha das sesións o que estamos intentando é mellorar a nosa entoación e facemos exercicios de respiración, movemento da lingua, movemento das cordas vocais,   exercicios cun globo etc. Para que vos fagades unha idea, un dos exercicios co globo consiste en inflalo, e tentar mantelo inflado un tempo na boca e taponando a boquilla do globo coa lingua para que o aire non se escape. Despois deixamos que o aire escape do globo pouco a pouco. Nesta actividade

SUPERANDO BARREIRAS

Imaxe
  Ola a tod@s unha semana máis¡ Desta vez adiantámonos un pouco porque a ocasión o merece. Queríamos que esta entrada coincidira co Día Internacional da Muller (8M). A pasada semana, os días 29 de febreiro e 01 de marzo Ana e Laura, dúas compañeiras do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social  (MAPIS)  acudimos a Madrid a unha actividade organizada por CERMI MULLERES polo 8M.  Saímos da estación de Santiago o xoves 29 de febreiro ás 17:45. Aviaxe foi moi cómoda e rápida . ao chegar a Chamartín collemos un taxi que nos levou ao hotel Ilunion onde ceamos e dispuxémonos a descansar. Ás 6:15 levantámonos para poder almorzar ás 7:15 xa que tiñamos que estar no Senado ás 9. Ao chegar alí vimos que  os nosos sitios estaban reservados. Foi unha sensación alucinante. Sentímonos importantes. Nas cinco horas que durou o acto, tratáronse problemáticas e reivindicacións en relación ao colectivo de mulleres con discapacidade en relación a diferentes temas nos que consi

A INCOMPRENSIÓN DAS SECUELAS INVISIBLES

Imaxe
Ola a tod@s! Neste nova entrada queriamos chamar a atención sobre a existencia das secuelas invisibles e a repercusión que teñen no día a día das persoas con Dano Cerebral Adquirido. A pasada fin de semana a un compañeiro do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica   (SADT)   cando se atopaba estacionando nunha praza para persoas con discapacidade achegáronse a el uns axentes da  policía local e pedíronlle a tarxeta de estacionamento e el ensinoulla. Revisárona e preguntáronlle sarcasticamente por que tiña el a tarxeta. A verdade é que parecía que dubidaran que realmente a precisaba. O noso compañeiro explicoulles que tivera un ictus e que quedara cunha serie de secuelas das chamadas invisibles: memoria, atención planificación... Son as que aínda que non se vexan si son moi incapacitantes. Unha vez feita a explicación os axentes desculpáronse e dixéronlle que aparcara tranquilo. Pero nós non queriamos deixar de manifestar que as secuelas invisibles condicionan tanto a vida como as se

SUPERANDO OBSTÁCULOS

Imaxe
 Boas a tod@s unha semana máis, Son Diego Marzoa  persoa usuaria do Servizo de Orientación Laboral (SOL)  de Sarela. Antes de contar coas habilidades e capacidades necesarias para estar neste servizo fun persoa usuaria do Servizo de Atención Especializada (SAE) , onde me axudaron moito para poder estar tanto física como cognitivamentre como estou hoxe. Sempre lles agradecerei a todas as profesionais o traballo que fixeron comigo e por non deixar de acompañarme no proceso da miña mellora. Antes de nada quero explicar que na actualidade unha das miñas características como persoa é que non me rindo e son moi perseverante, o que me axudou moito na miña recuperación pero tamén no proceso de busca de traballo. Cando cheguei ao servizo, Noelia, a orientadora laboral, deume unha serie de alternativas de inserción que non me convencían xa que despois do meu Dano Cerebral Adquirido (DCA) non podía exercer do que a min máis me gustaba que era ser cociñeiro. Teño un incapacidade permanente total,

A TABERNA DÁ PARA MOITO

Imaxe
  Ola de  novo, Como estades? Esperamos que ben. Esta semana queremos contarvos o ben que o pasamos en Sarela. Podemos dicir que somos unha entidade molona. O derradeiro venres antes das vacacións de Nadal, no centro sociocultural do Castiñeiriño as persoas usuarias do  SADT  (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) e de MAPIS  (Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social)  fomos a desfrutar dun monólogo de Leticia Mirás, máis coñecida como Leti da Taberna. Podédela seguir nas súas redes sociais: TikTok  e  Instagram  e recomendámolo porque merece a pena. O título do monólogo é  " Enredos" e durou aproximadamente unha hora pero pareceunos moito menos do ben que o pasamos. Tratou aspectos relacionados coas redes sociais e de como hoxe en día as influencers puxeron de moda rutinas de día moi graciosas: skincare, house tour ou tomar un brunch. O complicado para nós cando queremos desfrutar destes eventos, ademais da accesibilidade cognitiva, está o t

UNHA MAÑÁN POLO TEATRO PRINCIPAL

Imaxe
Ola a tod@s, Que tal estades? Esperamos que empezarades o 2024 con moi bo pe. Nós desde o servizo de Mellora e Mantemento  da Autonomía Persoal e Inclusión Social ( MAPIS ) podemos dicir que o comenzamos pola porta grande. O xoves 11 de xaneiro asistimos ao Teatro Principal a un concerto didáctico do programa Cultura C do Concello de Santiago que quere favorecer e promover que os escolares e persoas usuarias de distintas asociacións poidamos desfrutar da arte musical e interpretativa. Primeiro queremos que coñezades a sinopse da obra e despois xa explicamos polo miúdo a nosa visión tanto da mesma como do Teatro Principal e as rúas de Compostela nas que atopa este teatro. Sinopse:  Un día Frida, unha adolescente “aburrida da vida”, descobre unha marabillosa carta que a súa avoa Henriqueta lle escribira a FRIDA KALHO. Nela dáballe as grazas por mostrarlle que a arte é un talismán que o cura todo. A partires de entón, comeza un proceso de transformación que revolucionará a vida da cativa