DISFRUT@NS
Ola a todas e todos!
A volta de despois do verán estanos custando moito e somos uns pouco lacazáns. Tocaba entrada hai dúas semanas. Comprometémonos a continuar con entradas cada dúas semanas así que estade atentos e atentas.
Coincidindo coa Festa da Guadalupe, varias persoas do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) que se celebra no mes de setembro. É unha Festa de Interese Turístico na que renden homenaxe á Virxe de Guadalupe, á que se atribúe a protección do pobo durante a epidemia de cólera que afectou a Galicia no ano 1854.
Nós asistimos ao Feirón-Mariñeiro, no que puidemos observar diferentes postos con variedade de cousas. Todo amenizado con tradicional tocada por artistas da zona, o que nos pareceu xenial.
Fomos dar unha volta polo feirón, no que vimos representación dos oficios propios da época.: alfareiros, ferreiros, carpinteiros e canteiros. Podendo observar de forma tanxible como se realizaban estes oficios no pasado.
Houbo outros postos que visitamos nos que se podía mercar productos artesanais: cestos de bimbio, cestos para troitas, pendentes, mantos feitos a gancho… E como non, xa que estamos en Galicia había postos de comida.
Tan boa pinta tiña todo que xantamos alí bolos preñados de chourizo e de postre palmeiras de chocolate. Despois camiñamos moito para contrarrestar o exceso. Despois de comer sentámonos todas e todos a tomar un café que nos apeteçía moito.
Podemos dicir que, a pesar de ser unha vila con casco histórico, é cómoda para andar coas cadeiras de rodas ou con bastón polo que podemos dicir que nos sentimos moi cómodos/as. Ademais os baños móbiles eran o suficientemente amplos para desprazarnos e había unha persoa dando apoio por si precisabamos axuda.
"Cada minuto que pasas enfadado, perdes sesenta segundos de felicidade" - Ralph W. Emerson
Comentarios
Publicar un comentario