UNHA MAÑÁN POLO TEATRO PRINCIPAL

Ola a tod@s,

Que tal estades? Esperamos que empezarades o 2024 con moi bo pe. Nós desde o servizo de Mellora e Mantemento  da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS) podemos dicir que o comenzamos pola porta grande.

O xoves 11 de xaneiro asistimos ao Teatro Principal a un concerto didáctico do programa Cultura C do Concello de Santiago que quere favorecer e promover que os escolares e persoas usuarias de distintas asociacións poidamos desfrutar da arte musical e interpretativa.

Primeiro queremos que coñezades a sinopse da obra e despois xa explicamos polo miúdo a nosa visión tanto da mesma como do Teatro Principal e as rúas de Compostela nas que atopa este teatro.

Sinopse: 

Un día Frida, unha adolescente “aburrida da vida”, descobre unha marabillosa carta que a súa avoa Henriqueta lle escribira a FRIDA KALHO. Nela dáballe as grazas por mostrarlle que a arte é un talismán que o cura todo. A partires de entón, comeza un proceso de transformación que revolucionará a vida da cativa e todo o que está ao seu arredor. A maxia da arte fará que a creatividade de Frida se dispare, fará que pinte cadros, que cante, que baile, que vista o espazo coas cores da vida e que á fin, coñeza a FRIDA KALHO.

A obra gustounos moito e destacamos a gran capacidade de interpretación da actriz. Só participa ela na obra e non se bota de menos a outros actores ou actrices. A simbiose da música coa interpretación tamén nos pareceu fantástica.

 En canto a accesibilidade do Teatro Principal podemos dicir que conta con moi poucas prazas para persoas con mobilidade reducida e todas están ao final da sala. As cadeiras son moi baixas, o que as fai algo incómodas para nós. En canto aos baños podemos dicir que están adaptados e son accesibles con cadeira de rodas. 

Despois camiñamos polas rúas de Compostela e fomos a tomar algo ao Bendaña. Aí o tema da accesibilidade está moito máis complicado porque hai chanzos e os baños ou son pequenos ou tamén hai escaleiras para acceder a eles.



"A vida é unha obra de teatro que non permite ensaios... Por iso, canta, ríe, baila, chora e vive intensamente antes que o telón baixe e a obra remate den aplausos"  C.Chaplin

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA