A TABERNA DÁ PARA MOITO
Ola de novo,
Como estades? Esperamos que ben. Esta semana queremos contarvos o ben que o pasamos en Sarela. Podemos dicir que somos unha entidade molona.
O derradeiro venres antes das vacacións de Nadal, no centro sociocultural do Castiñeiriño as persoas usuarias do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) e de MAPIS (Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social) fomos a desfrutar dun monólogo de Leticia Mirás, máis coñecida como Leti da Taberna. Podédela seguir nas súas redes sociais: TikTok e Instagram e recomendámolo porque merece a pena.
O título do monólogo é "Enredos" e durou aproximadamente unha hora pero pareceunos moito menos do ben que o pasamos. Tratou aspectos relacionados coas redes sociais e de como hoxe en día as influencers puxeron de moda rutinas de día moi graciosas: skincare, house tour ou tomar un brunch.
O complicado para nós cando queremos desfrutar destes eventos, ademais da accesibilidade cognitiva, está o transporte. Como foi tan preto puidemos ir algúns camiñando e outros en furgoneta e queremos tamén que saibades que as beirarrúas da parte dianteira do Centro Sociocultural non teñen ramplas e están moi pegadas á estrada o que dificulta moito a nosa mobilidade no caso de utilizar cadeira de rodas eléctricas ou scootter.
O feito de facer algo diferente gustounos. Foi un día diferente, relaxado, tranquilo… por sentirnos incluídos cos compañeiros dos dous servizos. A nós gústanos saír ver cousas diferentes, falar con xente, enriquecernos en todos os aspectos.
Despois regresamos ao centro e xantamos todos xuntos coas membros da Xunta Directiva, familiares, persoas voluntarias e o grupo de primeira persoa.Foi un día moi especial para todos nos que esperamos repetir pronto.
Dime como te divirtes e direiche quen es (Ortega y Gasset)
Comentarios
Publicar un comentario