O NOSO DÍA
Ola de novo a todas e todos!
Hoxe queremos adicar a entrada do Blog a un tema tan relevante e importante para nós como é o Día do Dano Cerebral e que celebramos o día 26 de Outubro.
Queremos contarvos como celebramos esta xornada e todo o que reinvidicamos.
O sábado 26 de Outubro Dano Cerebral Santiago de Compostela, antes Sarela, realizamos unha andaina dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
Este ano, antes de ler o manifesto do movemento asociativo, fomos ao Pazo de Fonseca a almorzar todos xuntos. Toda a andaina e o almorzo estiveron amenizadas en todo momento por un grupo de música tradicional que fixeron a andaina moito máís levadeira.
O Día do DCA é, ademais dun día de celebración e reinvidicacion, unha data na que as familias, profesionais e persoas usuarias forman unha gran familia e relacionanse entre sí.
É un día no que tamén os medios de comunicación se achegan para coñecer de preto o que é o DCA e o que pedimos.
Este ano insistimos na necesidade dun Código Diagnóstico DCA para quer todas as persoas despois da alta hospitalaria saiba que sonpersoas con DCA. Se queredes podedes ler o manifesto completo na nosa web facendo clic neste enlace www.danocerebralsantiagodecompostela.org/noticias/manifesto-dia-dano-cerebral-2024
Comentarios
Publicar un comentario