TRAZANDO CAMIÑOS

 O pasado 20 de xuño Sarela organizou as Xornadas Trazando Camiños no que eu Vicente Maneiro fun convidado a participar nunha das Mesa Redondas. 

A entidade xunto coa Orientadora Laboral, Noelia Parente do Servizo de Orientación Laboral (SOL) pretenderon que esa xornadas se convertiran nun  espazo de reflexión e posta en común de experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con Dano Cerebral.

Explicábame Noelia que os datos en relación á situación laboral das persoas con DCA indican que só o 13% destas persoas declaran ter traballo cando antes da lesión o tiñan o 71%. Os estudios sobre calidade de vida tamén conclúen que o 58% das persoas con Dano Cerebral perciben que a súa situación laboral deteriorouse e que se suma ao empeoramento do estado de saúde, benestar emocional, relacións sociais etc.

Na miña Mesa chamada "O camiño do dano cerebral cara a inclusión sociolaboral."  compartín a palabra  coa propia Orientadora de Sarela,  coa coordinadora do Programa de Emprego de ADACE Alicante , Beatriz Fernández e co Fundador e Directora de Envasados Problis que é na empresa na que traballo.

As outras dúas mesas presentaron diferentes perspectivas da orientación laboral en entidades que traballan con colectivos de difícil inserción  e tamén se deu voz a orientadores laboraiss de concellos e a propia xefa de servizo de Orientación Laboral e xefa de sección do Servizo de orientación laboral que presentaron ferramentas importantes para conseguir a inserciónn laboral na comunidade Galega: EMI e a propia subvención IOBE.

Eu quería contar a miña experencia como ponente xa que que é algo que me fai ilusión e que acabo de descubrir que me gusta. Puiden explicar o percorrido ata a miña inserción coas súas luces e sombras e tamén o ben que me atopo actualmente na empresa. porque o traballo non só me permite ter medios económicos senon queme realiza como persoa.

.

    Os representantes da miña mes xunto coa directora de Sarela que modeou á mesma


Ogallá toda a xente con Dano Cerebral Adquirido conte con Sarela para que lle axude neste camiño.

"O ÉXITO PARECE ESTAR RELACIONADO COA  ACCIÓN. AS PERSOAS CON ÉXITO SIGUEN AVANZANDO. COMETEN ERRORES, PERO NON RENUNCIAN" CONRAD HILTON


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

SENTIR A MÚSICA

REHABILITANDO