OLLADA CRÍTICA A CIDADE DA CULTURA
Xa fai tempo no SADT organizamos unha saída ao exterior. Tratábase dunha visita guiada á Cidade da Cultura, no Monte Gaiás de Santiago de Compostela. Coñecédela?
Ese día proporcionáronnos moita información valiosa para coñecer un pouco máis ese complexo arquitectónico. Moitas veces oín falar desta construcción, e non sempre ben xa que aos seres humanos encántanos xulgar e falar sen saber.
Vou ir explicando todo o que aprendemos:
- Foi deseñada polo arquitecto Peter Eisenman.
- Inspirouse para realizar o seu proxecto en
representar o casco histórico de Santiago pero máis moderno e en una cuncha de
vieira, símbolo do peregrino.
- O color dos edificios son gris coralino por
fora e brancos por dentro.
- Conta cunha columna máxica onde ten unha
porta que esconde o sistema eléctrico.
- Quiso que formara parte do propio monte e respetou a medida das ladeiras.
- Este espacio, en tempos de pandemia tivo un
papel importante moi necesario. Converteuse en vacunódromo.
En canto á accesibilidade deste complexo teño
varias cousas que dicir:
Por exemplo cando fun vacinarme preguntei se había a algunha cadeira
de rodas xa que eu teño problemas de mobilidade. O que me respostaron foi "alá arriba haberá algunha!". A miña curmán
foi en busca desa ansiada cadeira pero …sorpresa! Non había e tocoume facer o
camiño co meu andador.
O día da visita había unha exposición de
espellos nunha sala e non puidemos acceder xa que os corredores eran estreitos e
non se podía pasar coa cadeira de rodas.
As portas na maioría das salas non son deslizantes e ademais estreitas polo que pasar con cadeira de rodas, xa sabedes, vólvese complicado. A maiores, as portas para acceder ao baño pesan tanto que aínda que teñas unha cadeira de rodas eléctrica non podes abrila, necesitando sempre o apoio dunha terceira persoa.
Outra dificultade de accesiblilidade é que non
permiten chegar coa furgoneta á parte de arriba e hai que tirar das cadeiras de
rodas ata chegar alí arriba e non vos pensedes que é cousa fácil. Menos mal que as profesionais da entidade e algún gran
compañeiro soben a estas persoas para poder desfrutar da visita.
Merece a pena visitala pero espero que melloren esas cousiñas para que todas as persoas que queiran poidan visitala e desfrutala.
Autor: Ismael González Lea
Comentade e compartide.
Comentarios
Publicar un comentario