MELLORANDO O NOSO ENTORNO
Ola a tod@s unha semana máis!
Non nos cabe dúbida de que hai moitas barreiras arquitectónicas e son moitos os espazos que non son accesibles para toda a poboación.
Cremos que é importante loitar porque este tipo de situacións non ocorran e por iso queremos contarvos o que aconteceu cunhas das persoas usuarias do SADT, Jose Antonio Cebro.
El cada domingo vai á igrexa a escoitar a misa da súa
parroquia, concretamente a igrexa de San Xulián de Bastavales, no concello de Brión. O acceso é moi complicado para persoas en cadeira de rodas ou con dificultades de mobilidade como é o caso de Cebro. Para que vos fagades unha idea, no acceso da entrada principal hai unha trampa
de animais e calquera persoa podaría meter o pé e tropezar ou caer. Ademais, o acceso á igrexa ten dúas barreiras: a da entrada e despois un chanzo na propia porta.
Para poder asistir a misa, a muller de Cebro tiña que pedir axuda a outros freguesas para poder entrar na igrexa mais consideraron que o ideal sería poder acceder sen ter que pedirllo a ninguén.
Decidiron falar co párroco, o cal está moi sensibilizado co situación porque ten un irmán con Dano Cerebral Adquirido que tamén acude ao SADT de Sarela. Decidiu axudalos e colocáronse dúas ramplas para que as persoas en cadeira de rodas poidan acceder ao interior da igrexa.
Outra medida que tamén solicitaron é poder aparcar preto e van poñer unha praza de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.
Cebro está moi contento xa que para el é importante poder acudir tódolos domingos á igrexa.
Esperemos que se tome exemplo para outros lugares e que cada vez haxa máis espazos accesibles para todo o mundo.
"TODO O BO EMPEZA SEN BARREIRAS"
Comentarios
Publicar un comentario