DÍA NACIONAL DO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO
Foto: O acto de lectura do manifesto foi no salón nobre do Pazo de Raxoi. Ao rematar a corporación e os representantes de Sarela fixemos o xesto que simboliza do DCA.
Ola de novo unha semana máis.
Desta vez queríamos explicarvos algo moi importante para Sarela e para todo o movemento asociativo do Dano Cerebral Adquirido (DCA). Trátase da celebración do Día Nacional do DCA que foi o día 26.
Este ano dende Sarela tíñamos preparada unha andaina coa posterior lectura do manifesto de todas as entidades agrupadas en FEDACE e uns pinchos para todos/as os/as participantes no Pazo de Fonseca. Debido as inclemencias do tempo non se puido facer a andaina e a lectura do manifesto foi en dependencias municipais.
Do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión social (MAPIS) participamos os que que escriben esta entrada: Jose Suárez, Ana Isabel Pedrosa e Laura Sosa e do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT): Victorino López.
Para nós foi un día moi especial e estamos orgullos de poder representar a Sarela neste día tan importante. Consideramos que existe moito descoñecemento do DCA de aí a importancia das campañas de sensibilización e de actos como este.
A nosa hora de chegada era ás 12:00 e alí estivemos un pouco antes. Cada un de nós xunto con Victorino tiñamos un cachiño para ler do Manifesto que este ano pon especial atención nas secuelas invisibles do DCA. Estas consecuencias do dano cerebral son aquelas que non se ven pero que dificultan a vida diaria das persoas que as teñen (memoria, atención, planificación, etc) e é preciso que se teñan en conta porque aquelo que non se ve non recibe a axeitada rehabilitación e dificulta a inclusión e o apoio ás familias.
Nós dende esta entrada queríamos deixar constancia tamén desta reivindicación e que se faga visible todo o que non se ve.
"Só se valora o que se coñece e só se protexe o que se valora"
Comentarios
Publicar un comentario