DESFRUTANDO DA MÚSICA
Ola todo@s unha semana máis.
Esta semana imos falar dun programa que leva en funcionamento dous anos: SENSOXENOMA.
O ano pasado asistimos por primeira vez a Sensoxenoma, proxecto desenvolvido polo IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) e a Real Filharmonía de Galicia, no que se aborda cientificamente a resposta do noso xenoma (ADN) ante o estímulo musical. Ese ano fomos os protagonistas e cas nosas mostras biolóxicas contribuímos a que se estude como se expresan os xenes antes e despois de escoitar o programa sorpresa que ofreceu a Real Filharmonía de Galicia.
Este ano o concerto, dirixido por Baldur Brönnimann, foi o pasado venres 29/09 para as entidades e para o público en xeral o 30/09 e a programación igual que o ano pasado foi sorpresa.
Varias persoas do servizo de MAPIS acudimos ao concerto e encantounos polo que queríamos que quedara constancia neste blog. Gracias a este tipo de iniciativas podemos coñecernos fora do espazo que é Sarela e compartir momentos agradables. Recomendamos a todo o mundo que acuda a concertos e desfruta da arte tal e como fixemos nos.
Foi unha tarde moi agradable na que compartimos o gusto pola música.
Desfrutando da arte |
" A MÚSICA É A BANDA SONORA DA VIDA"
Comentarios
Publicar un comentario