AS PRAIAS QUE QUEREMOS

Grazas a unha familiar dunha persoa usuaria do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) puidemos coñecer que hai praias realmente accesibles.

As que nos coñeciamos só contan con cadeiras anfibias e cando as había porque a maioría das veces podías ir e non estar porque rompera ou porque xa había tanta cola que se che quitaban as gañas de bañarte.

Na provincia da Coruña en tódolos concellos que consultamos (Boiro, Ribeira, Porto do Son, Noia, Outes...) non existen todas estas medidas que nos parecen tan interesantes.

As praias das que vos falamos, e nas que hai medios para facelas accesibles, son as praias de Samil e do Vao en Vigo e queremos contarvos todo do que presumen. Isto sabémolo grazas  a María José, familiar de Ismael Rama que é usuario do SADT.

  • Prazas para aparcar preto do posto para persoas con mobilidade reducida.
  • Cadeiras anfibias e muletas anfibias.
  • Paseo accesible que chega ao mar.
  • Servizo adaptado.
  • Padiolas e cubículo para poder cambiar ás persoas con discapacidade.
  • Duchas e lavapés accesibles.
  • Grúa para pasar as persoas da súa cadeira á anfibia ou á padiola.
  • Cita previa para poder saber cando tes libre a cadeira anfibia para poder bañarte.
  • Persoal de Apoio.

Dende o Servizo de MAPIS (Mellora e Mantemento da autonomía persoal e inclusión social) queremos que os concellos e a poboación en xeral coñeza que é posible contar cunhas praias realmente accesibles. O noso compañeiro Carlos Mora que foi na lista dun partido político en Boiro nas eleccións municipais, trasladou esta información ao cabeza de lista para conseguir que en Boiro se poida contar cunha praia destas características.

Cantas máis peticións existan será máis doado conseguir o que nos propoñemos: que todas as persoas poidan desfrutar do verán na praia se lle gusta.



Todos e todas temos a obriga de loitar por unha sociedade mellor e máis inclusiva.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA