DESFRUTANDO DA AUGA !!

 Hola a todos outra semana máis¡¡

Hoxe queríamos que coñcecérades unha actividade que desfrutamos moito e ademais o mellor é que tódolos servizos da entidade puidemos asistir: Servizo de Información, Orientación e Apoio ás familias, Servizo de Atención Diurna Terapéutica, Servizo de Atención Especializada e Servizo de Orientación Laboral. gracias a unha Suvbención do Concello de Santiago de Terapia Acuática na que unhas das súas actividades é a Actividade de Balneario.

Comentaremos a experiencia dende a ollada de varias persoas usuarias do SADT. Acudimos ao Hotel Balneario Compostela ubicado nun Concello próximo a Santiago de Compostela chamado Brión. Dirección:  CTRA.SANTIAGO-NOIA, Km 8, 15280 Brión, A Coruña.

Fixemos grupos e fomos acompañados de varios profesionais e queremos compartir con todos vos a nosa experiencia resaltando tanto as cousas positivas como negativas.

En xeral podemos afirmar que é unha actividade que nos gustou. Ademais moitos de nos nunca fóramos a un balneario polo que foi un descubrimento e unha nova experiencia: relaxante  e pracentera saíndo de alí  notando o corpo moi diferente, mellor.

O balneario ten dúas piscinas  con chorros, camas de auga, jacuzzi e despois conta con sauna, baño turco, circuito con pedras para a mellora da circulación e duchas de contraste e de esencias. 

O que máis nos gustou foron o Jacuzzi e a ducha de esencias. ¡Tedes que probalos!

Esta actividade permítenos romper a rutina e marcar a diferenza no noso día a día, de feito, fariámolo encantadas/os con maior frecuencia.

 Queremos reclamar dende aquí  que ogallá  tódalas persoas usuarias puideran participar: referímonos aos compañeiros e compañeiras en cadeira de rodas. 

Houbo que facer unha selección porque non tódolos espazos están adaptados e as persoas con cadeira de rodas non poden acceder. Outro aspecto a mellorar son os baños, non están tampouco  adaptados carecendo de barras de apoio e incluso ás persoas con andador cóstanos utilizalos. Estaría ben que modificaran as escadas que hai nunha das piscinas , xa que son de metal e as persoas con hemiplexia ou falta de equilibrio  cóstalles baixar e subir por elas e teñen que ser axudados polos profesionais 

É por tanto unha actividade que a desfrutamos pero que podería ser mellor se fora realmente inclusiva.

Síguenos e comenta.


“O tempo que se disfruta e o tempo realmente vivido”




Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA