FACENDO CAMIÑO
Outra semana máis con tod@s vos. Que tal foi a vosa semana?
Hoxe vimos contarvos unha actividade que nos aportou moito e que estamos desexando volvela facer: O CAMIÑO DE SANTIAGO.
15 persoas usuarias do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social MAPIS realizamos por tramos e por nivel diferentes etapas do Camiño de Santiago Francés e que as podedes ver aquí.
|
RUTA GRUPO 1 – 6
etapas XOVES |
|||
1 |
Tenda Espe -
Lavacolla |
Camping San
Marcos |
3.9 km |
27.04.2023 |
2 |
Burgo ARCA |
Amenal |
3.8 km |
04.05.2023 |
3 |
Amenal |
San Paio |
4.2 km |
11.05.2023 |
4 |
San Paio |
Casa Amancio |
3.8 km |
25.05.2023 |
5 |
Camping San
Marcos |
San Lázaro |
3.6 km |
01.06.2023 |
6 |
San Lázaro |
Praza do Obradoiro |
3.1 km |
08.06.2023 |
|
RUTA GRUPO 2 – 5
etapas LUNS |
|||
1 |
A calzada
(restaurante) |
San Lázaro |
1.8 km |
08.05.2023 |
2 |
O casal das
árbores |
Camping San
Marcos |
1.7 km |
15.05.2023 |
3 |
Camping San
Marcos |
Monte do Gozo |
2.6 km |
22.05.2023 |
4 |
San Lázaro |
Concheiros |
2 km |
29.05.2023 |
5 |
Concheiros |
Prazo do Obradoiro |
1.1 km |
05.06.2023 |
|
RUTA GRUPO 3 – 5 etapas
MÉRCORES |
|||
1 |
O casal das
árbores |
A calzada |
2.9 km |
10.05.2023 |
2 |
Bar KM 15 |
San Paio |
3.8 km |
24.05.2023 |
3 |
San Paio |
Casa Amancio |
3.3 km |
31.05.2023 |
4 |
A calzada |
San Lázaro |
2.8 km |
07.06.2023 |
5 |
San Lázaro |
Praza do Obradoiro |
2 km |
14.06.2023 |
O que nos gostaría destacar de toda esta experiencia é:
- toda a axuda que nos brindamos entre os compañeiros e compañeiras.
- descubrir algúns dos nosos límites e a capacidade de superación.
- o ambiente que se respira cos demais peregrinos/as.
- descubrir que camiñamos e nos esforzamos máis ao tirar uns dos outros
- coñecer paisaxes diferentes
En xeral desfrutamos tanto desta experiencia que non nos quedamos con nada negativo. Consideramos que en relación á accesibilidade podería mellorar pero aquelas etapas mais complicadas (costas, pedras polo camiño) sempre había unha man amiga que se brindaba a axudar e facerche un "bo Camiño"
O ambiente que se respira ademais é maravilloso porque aínda que hai xente cansa e con lesións sempre hai unha palabra amiga e un sorriso.
Queremos agradecer tamén a Loli, a persoa voluntaria que nos acompañou a dous grupos en cada unha das etapas, pola súa paciencia e axuda.
Animámosvos a que fagades o Camiño porque unha cousa é contalo e outra vivilo.
"Camiñar é o mellor exercicio posible. Habitúate a ti mesmo a camiñar moi lonxe".
Comentarios
Publicar un comentario