A BOLSA AGARIMOSA

Ola de novo amigas e amigos.

Estamos aquí co noso blog unha semana máis. Desta vez somos persoas usuarias do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica os encargados de escribir esta entrada.

Queremos amosarvos outras das cousas que facemos tanto neste servizo como en MAPIS.

Dentro do SADT facémola na actividade de “costura creativa”, onde elaboramos entre outras cousas estas bolsas que valen para gardar todo o  que queirades.

Pasos a seguir

Comezamos coa elaboración do patrón e elección dos tecidos. Neste caso eliximos tea de liño clariña, idónea para poder decorar nós mesmas con pintura especial para tea.

Os deseños son todos diferentes utilizando diferentes técnicas  para que así cada bolsa sexa única e irrepetible.

Despois de ter feito o corpo da bolsa hai que elexir a tira que lle queiramos poñer para facer as asas da nosa bolsa.


Pareceunos moi boa idea colocar dentro da bolsa un pequeno neceser feito tamén por nós completamente. Así facilítase gardar e atopar  as cousas máis pequenas como poden ser as chaves, moedas, etc.

Nun futuro non moi lonxano estas bolsas formarán parte da nosa tenda para que todas e todos poidades ter unha xa que son unhas bolsas ademais de chulas feitas con moito agarimo.

Espero que poidades mercalas.

Ata a próxima, xentiña!!!

“FEITO A MAN É SINÓNIMO DE FEITO POLO CORAZÓN”

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA