VIVINDO A VIDA

Ola de novo a todos e todas!

Esta semana o que vimos contarvos foi a saída que tivemos ao Burger King e que elixiu un dos nosos compañeiros. A verdade é que nos fixo moita ilusión porque nos sentimos xenial. En concreto, algunhas das persoas usuarias do SADT  fomos ao Burguer King de Montouto (Teo) a xantar. 

Víctor, un dos nosos compañeiros, tiña a petición de ir alí así que xunto coa súa titora planificaron esta saída polo seu aniversario.

Esta saída gustounos porque ademais de tomar unha hamburguesa, como fai o resto da xente que á lle gusta ese tipo de comida, saímos da rutina.

A verdade é que nos sentimos moi ben e como parte da sociedade por facer algo tan sinxelo como isto. Fixádevos con que pouco nos conformamos.

Ao chegar alí pedimos o xantar nas pantallas táctiles xigantes que existen para escoller o que queres tomar. Xunto coas profesionais que nos acompañaron, cadaquén pediu o seu xantar e sobremesa e cada un pagamos o que consumimos.

Algo que tamén nos gustou é poder socializar con outras persoas alleas ao noso grupo que estaban comendo no local. Como a calquera persoa, o feito de saír a comer fóra fixo que nos sentiramos xenial  e estivemos moi a gusto facendo bromas e falando das nosas cousas. Sentímonos como o que somos: un grupo de amigos que sae a comer e desfrutar da compañía.

O mellor é que ao chegar a asociación aínda nos deu tempo de tomar unha sesta. Todas e todos desfrutamos moitísimo e agradecemos ao noso compañeiro Víctor que elixira esta actividade tan xenial e á vez pouco habitual para nós. Seguiremos buscando actividades tan divertidas e normalizadoras.


Compañier@s e profesionais de Dano Cerebral Santiago 



O noso compañeiro Víctor desfrutando da súa hamburguesa


“Coñéceme polas miñas habilidades, non polas miñas discapacidades.” - Robert M. Hensel

Comentarios

Publicacións populares deste blog

REHABILITANDO

"COREANDO" EN SARELA

PASIÑO A PASIÑO IMOS FACENDO CAMIÑO