Coñecéndonos un pouco máis: Jesús, Santiago e Harry

OS NOSOS HOBBIES

A nosa vida cambiou moito despois do Dano Cerebral Adquirido (DCA) e hai moitas cousas que non podemos facer pero hai outras novas que nos apasionan e que realizamos con ganas.

Jesús García:
Os meus hobbies eran a bicicleta e as motos. Ademais traballei como administrativo nunha tenda de bicicletas e era membro da Xunta directiva do Clube Ciclista Padronés polo que disfrutaba moito do meu traballo.
Outra das miñas pasións eran as motos, saía os fins de semana coa moto cun grupo de amigos e ademais coordinaba todas as motos que acudían as carreiras de bici. Colaboraba tamén coa Federación Galega de Ciclismo.
Ao longo da miña vida tivo varias motos: Ducati 250 Road, Sanglas Motor Yamaha de 400 CC, e a última foi Guzzi Lemans III 850 CC

Agora teño outro hobbie que é o PIANO. Fai 3 anos empecei a asistir a clases de piano e é algo que me  encanta. Aquí vos deixo un video para que vexades como se me da.


Santiago Quintás:
Os meus hobbies antes eras as motos e os camións. Encantábame conducir os camións e daemais trablleis toda a miña vida diso e a verdade que era untrabllo que me encantaba.
Eu sía solo coa moto e facía rutas por Galicia. Ademais utilizaba a moto para quedar a tomar algo cos amigos.
Na actualidade o que me guste é montar e desmontar os tracores para podelos arranxar. Se podo non os levo o taller e arránxoo eu. Mentres estou cos tractores non penso en nada máis.


Harry Arrieta:

Antes do DCA o meu hobbie favorito era pasear pola praia. Actualmente, gústame moito cociñar e ir de viaxe coa miña familia.














 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA