SEGUIMOS CRECENDO

Ola a todos e todas de novo,

Este ano Sarela, en adiante Dano Cerebral Santiago de Compostela cumprimos XXV anos. Aí é nada.

Temos xa unha traxectoria e podemos dicir con orgullo que somos un centro de referencia na atención ás persoas con Dano Cerebral Adquirido e as súas familias da Área Sanitaria de Santiago de Compostela.

Nestes 25 anos cambiaron moitas cousas: sede, profesionais, servizos... pero o  que non cambia é a nosa ilusión e a nosa forma de traballar na que a persoa é o centro das nosas intervencións. Traballamos en prol da mellora da autonomía das persoas con Dano Cerebral Adquirido.



Lanzamos unha campaña en redes para que votedes o noso lema para este ano:

XXV de Novos Retos

XXV anos de Novas Vidas

XXV anos Desenvolvendo Camiños para a Autonomía

Así que xa sabedes.. adiante coa votación e compartide. 

O lema gañador foi "XXV anos de Novos Retos polo que xa o veredes por aquí. Gracias a tódalas persoas que votaron e compartiron.


"Fagamos visible o Dano Cerebral Adquirido"


Comentarios

Publicacións populares deste blog

REHABILITANDO

"COREANDO" EN SARELA

PASIÑO A PASIÑO IMOS FACENDO CAMIÑO