COMPROMISO DE SOLIDARIEDADE
A plataforma do terceiro sector defende os dereitos e intereses sociais das persoas en situación de pobreza ou risco de exclusión social. O día 2 de abril, co inicio da campaña da declaración da renda, na Praza da Quintana celebrouse un acto reivindicativo no que se reuniron diferentes asociacións do ámbito social para pedir a colaboración da cidadanía á hora de facer a declaración da renda. Entre esas persoas que fixemos un chamamento á solidariedade estabamos unha representación das persoas usuarias do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) . Cando chegamos á Praza da Quintana xa estaban colocando unha X Solidaria xigante nas escaleiras. Fomos poñernos ó redor dela e logo comezaron coa lectura do manifesto , que ten como título "Fai que pase" , e que podedes ler na nosa web . Despois, os diferentes medios de comunicación que había alí gravaron vídeos e sacaron fotos mentres gritabamos “fai que pase” en diferentes idiomas (lingua de signo...