COMPROMISO DE SOLIDARIEDADE
O día 2 de abril, co inicio da campaña da declaración da renda, na Praza da Quintana celebrouse un acto reivindicativo no que se reuniron diferentes asociacións do ámbito social para pedir a colaboración da cidadanía á hora de facer a declaración da renda. Entre esas persoas que fixemos un chamamento á solidariedade estabamos unha representación das persoas usuarias do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT).
Cando chegamos á Praza da Quintana xa estaban colocando unha X Solidaria xigante nas escaleiras. Fomos poñernos ó redor dela e logo comezaron coa lectura do manifesto, que ten como título "Fai que pase", e que podedes ler na nosa web.
Despois, os
diferentes medios de comunicación que había alí gravaron vídeos e sacaron fotos
mentres gritabamos “fai que pase” en diferentes idiomas (lingua de signos,
galego, castelán...)
O mellor desta saída, ademais de desfrutar da cidade histórica de Santiago, foi reivindicar que a xente marque na súa declaración da renda esa X Solidaria para poder construír centros como o noso e poder atender a máis persoas na nosa situación. É un xesto que non custa nada e co que se poden facer moitas cousas.
Compre salientar que grazas a ese porcentaxe o noso centro da rúa Pedro Cabezas González está en pe e esperamos poder contar tamén con orzamento deste 0,7 para a súa ampliación.
Comentarios
Publicar un comentario