CANTAREIRAS

Ola de novo! Xa hai un mes que non nos pasabamos por aquí e queriamos que esta nova entrada fora especial. O sábado pasado celebrouse o día das nosa letras, o día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ás cantareiras, esas mulleres do rural que custodiaron a nosa cultura dunha forma oral. As persoas do SADT quixemos facerlle unha homenaxe realizando a nosa propia regueifa e para que o mundo enteiro saiba da nosa creatividade e das nosa gañas de pasalo ben. Aquí vai a nosa aportación á celebración do día das nosa letras. Eu son Josiño da Ponte Tiven dano cerebral Por culpa da borracheira Que me sentou moi mal. Aila lá larala lala la Aila lá larala lala Aila lá larala lala Aila la la la la la De qué te ríes Noeliña Isto non é carallada É o dano cerebral Non che é unha pasada. Aila lá larala lala la Aila lá larala lala Aila lá larala lala Aila la la la la la Ai Virgilio do carallo Sempre te queixas do pé Anda un pouco...