DESFRUTANDO DA CIDADE DE COMPOSTELA

No mes de marzo varias persoas de SADT fomos á exposición “Sempre Máis” no Auditorio de Galicia que trataba sobre o recordatorio da traxedia do afundimento do Prestige cando se cumprían 20 anos do suceso. Trátase dunha exposición de obras anónimas, cousa que nos chamou atención e nos gustou moito.

En primeiro lugar gustaríanos destacar que isto se debería repetir máis a miúdo para que non quedase no esquecemento e non se volvera a repetir unha traxedia coma esta.

Agora imos falar sobre a súa accesibilidade para poder axudar a outras persoas que teñan dificultades de mobilidade.

Ao chegar ao Auditorio de Galicia vas atopar prazas de aparcamento reservadas preto da porta para poder aparcar sen problemas.

Na entrada, despois da rampa, decatámonos de que a porta non é  accesible para todas as persoas. Para abrila, unha compañeira en cadeira de rodas non o podía facer ela soa, precisando de alguén que lla abrira. A solución sería unha porta corredeira para facilitar o acceso a persoas en cadeira de rodas que acudan soas. Para acceder a Exposición hai unha rampla pero non se pode utilizar ata o final xa que hai unha parte que é moi moi empinada. O que si hai é un elevador que nos da acceso dende a rampla ata a zona da exposición. No caso de querer ir a un concerto ou obra de teatro non necesitamos baixar porque está no mesmo andar.

Ao rematar de ver a exposición fomos tomar algo á cafetería pero algún de nós non puidemos acceder xa que a plataforma salvaescadas é pequena e non cabían as cadeiras de rodas máis grandes. Os camareiros improvisaron unha mini cafetería no hall pero non nos parece o máis inclusivo. Agradecemos o esforzo á cafetería Lasso por facilitarnos que polo menos puideramos tomar algo pero si nos gustaría que se puidera ter en conta cambiar esa plataforma para que persoas con cadeiras máis pesadas e grandes poidan tamén desfrutar de tomar algo cos amigos na cafetería.

A pesar dos inconvenientes, consideramos que pode ser un lugar ao que poder acudir a desfrutar dunha exposición ou concerto.

Isaías, Mariam, Victorino e Mª Carmen

"TODO O BO EMPEZA" SEN BARREIRAS"

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA