Publicacións

Día de convivencia na Granxa do Xesto

Imaxe
O luns 11 de xullo estivemos tod@s @s compañeir@s de MAPIS na Granxa do Xesto. Alí fixemos unha xornada de convivencia con voluntarios de Cooperación Internacional. Eles viñeron a Santiago a facer o Camiño e nas xornadas que están en Santiago realizan voluntariado. Ao chegar trasladámonos á cafetería para poder facer algún xogo de presentación. Chegar alí arriba costounos un montón. As pistas están irregulares e cheas de pedras co que as cadeiras de rodas non poden subir senon son empuxadas por dúas ou tres  persoas.  Pedimos ao Concello de Santiago que teña en conta ás persoas con discapacidade para que arranxe esas pistas e poder disfrutar de verdade de zonas verdes da nosa cidade. Propoñemos que tentedes chegar do aparcamento ao bar nunha cadeira de rodas ou cun bastón e poidades comprobar así  as dificultades que pasamos. Queremos agradecer aos voluntarios a súa labor xa que fixeron este traxecto máis fácil para as profesionais de Sarela, que terían que subirnos elas ...

Rugby inclusivo coa Asociación Valentes

Imaxe
O día 25 de xuño asitimos un grupo de persoas de Sarela a unha actividade organizada por Valentes Inclusivos na que o Rugby era a actividade principal. Xabi, educador social en prácticas foi  un dos organizadores e fixo que nos estivéramos ben en todo momento. Explicáronnos que o rugby é un deporte que se practica pouco pero no que se fai un grande esforzo e se traballa a forza e a resistencia.  Hai a crenza de que é agresivo e se fai un dano pero iso estáa lonxado da realidade. Explicáronnos como se facía un placaxe e o ataque. Ten ademias moitos valores de equipo e o mellor é que hai tercer tempo que é tempo de convivencia cos dos equipos: fora rivalidade. Aquí estou eu practicando. Ojalá que para el año podamos volver a disfrutar de es deporte y que más gente se anime a probar.

Actividades de horta e bricolaxe

Imaxe
Seguimos facendo moitas cousas nestas dúas actividades e aínda que non temos moita produción estamos moi orgullosos de que os nosos tomates empecen a crecer. Dámoslle os mellores coidados pero aon ser todo totalmente ecolóxico ás veces non saen adiante. Debido as inclemencias do tempo non tivemos chícharos e por iso estamos a facer un soporte para crear o noso propio invernadoiro. Nel colocaremos un plástico e evitaremos as xeadas e o sol extremo. A ver si temos sorte e para a seguinte tempada temos máis produtos ecolóxicos no noso horto.  Como podedes ver tamén plantamos fresas e xa tíñamos algunha na planta pero algún larpeiro acabou con elas: jejeje. As nosas leitugas crecen sen parar, xa son as segundas que plantamos.  Quizás non é a platación mçais grande do mundo pero estamos moi orgullosos dela xa que somo nos os principais responsables xunto con María José que nos axuda sempre. Fagamos unha aposta ¿teremos allos que recolectas? Ogallá que sí verdade? Animamos a todos a...

Creando un soporte para cartas e unha casa para paxaros

Imaxe
 CREATIVAMENTE: BRICOLAXE Hola a tod@s estamos encantados de seguir contándoos o que estamos a facer na actividade de Bricolaxe.  Creamos un soporte para as cartas e para o dominó para que os compañeiros con hemiplexia poidan disfrutar destes xogos. Gústavos?? Proceso de creación do soporte realizado por Santiago Quintás Rematamos os tableros de damas e xadrez e comezamos a facer diferentes casiñas para páxaros.                       Tamén creamos un atril para axudar, sobretodo, á hora de pintar.  

As nosas saídas

Imaxe
Estas derradeiras semanas fixemos varias visitas a diferentes lugares que xa escolléramos previamente. Encántanos saír fora de Sarela, porque ademais de coñecer novos sitios e de sensibilizar á sociedade temos máis tempo para  falar e convivir. As visitas realizadas foron: Pazo de Santa Cruz de Rivadulla:  A nosa opinión é que merece a pena ver os seus xardíns pero non está nada adaptado para ir con cadeira de rodas, polo que moitos dos nos@s compañeiros e compañeiras non puideron disfrutar realmente da visita. Parque de Vista Alegre ou Finca Simeón: Foi unha visita moi agradable, neses xardíns e puidemos falar tranquilamente das nosas cousas. Museo da Mel:  Foi unha visita que gustou moito, fixeronnos unha visita polas diferentes instalacións do museo, deronnos diferente información sobre as abellas, a súa vida e traballo, como se produce o mel e finalmente a probamos. 

Traballando na terra

Imaxe
A finais do 2021 comezou en MAPIS un proxecto de horticultura, onde primeiro fixemos as maceas, despois eleximos o que plantar e o plantamos. O plantado foi allos , chicharos e tirabeques , ademáis de preparar semilleiros coas herbas aromáticas tomillo , prixel e albahaca .  En Febreiro fixemos a publicación da nosa actividade... e catro meses despois actualizamos como vai a nosa pequena horta.    Leituga  Allos  Tomates Como podemos observar, as plantas medraron, pero tamén se foron cambiando a medida que pasaban os meses e cambiou a tempada. Plantando leituga e tomates. 

Día das Letras Galegas

Imaxe
Co gallo das letras galegas, algunhas das persoas do servizo de MAPIS quixeron facer unha poesía. Este ano adícanse as letras galegas a Florencio Delgado Gurriarán, poeta galego nado en 1903 en Vilamartín de Valdeorras. A súa familia firmemente vinculada co traballo da terra, inculcoulle non só o respecto polo medio, senón tamén polo idioma e a cultura galega. Aínda despois de pasar case toda a nenez dunha cidade castelá a outra nunca esquece Valdeorras, onde regresan cada verán. E onde volve tras a morte da súa nai coa carreira de dereito rematada para comezar unha nova vida. En Valdeorras participará da vida cultural e política, participando activamente na creación do Partido Galeguista e nas primeiras eleccións da II República. "Non me vexas como dis, que eu non son de treboadas. Son tranquilo e vou á modo detrás das miñas olladas.  Dixéchelo ti: quedei como un home sen paz e sen patria  e non sei xa se aínda vivo, e estou do outro lado: alén dos vivos."