Recíclate
.jpg)
“ O vidro pode ter moitas vidas! Recíclao!”. Lino no contedor de reciclaxe e de aí partiu a miña idea. “ As persoas, escoitade ben PERSOAS, aínda que teñamos un DCA, podemos ter moitas vidas, Recíclate”. A vida non acabou aí. Temos que pensar que rematou unha etapa e que agora comeza outra. Non estamos limitados e limitadas para todo, haberá algunha cousa que si poidamos facer. Non si? Eu na miña vida, nunca me imaxinei vivir este gran cambio. A min gustábanme, e gústanme, moito as motos e, aínda que son consciente de que non podo utilizalas como o facía antes, si podo ler sobre elas, ver vídeos e desfrutar cando as vexo na rúa. O de montar de novo… xa se verá! Tamén realizo outras actividades ás que antes non lle dedicaba o tempo suficiente porque non era unha das miñas prioridades nese momento. Agora desfruto delas, como é o caso da escritura. Case tódolos días dáseme por escribir e plasmar nun papel os meus sentimentos e reflexións. Xa vos dades conta do...