Se queres... quizais poidas


Ola. Chámome Eloy e vou contarvos como é a miña vida despois do Dano Cerebral Adquirido (DCA) pero para iso quero que coñezades un pouco da miña historia. Nacín no ano 1984 e cando tiña 10 anos fun operado dun tumor cerebral. No Nadal de 2021 déronme varias crises epilépticas e atoparon outros dous tumores. Un opérano aos poucos días e o outro queda en seguimento médico. Neste mes de decembro viron nunha resonancia que ese tumor crecera e decidiron que o mellor era operar. Esta operación levaba asociadas moitas complicacións que podían afectar a miña mobilidade. Ao final cunha sesión de radiocirurxía parece que puideron facer o tumor máis pequeno evitando así a operación e as posibles complicacións consecuencia da mesma.

Actualmente presento secuelas como falta de olfacto, problemas de visión, xordeira bilateral, e de tipo cognitivo como a diminución da atención, problemas de memoria etc. Emprego unha axenda ou o móbil para apuntar as citas ou información relevante que quero recordar e que é importante para o meu día a día. A nivel físico atópome bastante ben pero noto que teño pouca forza e que me fatigo con facilidade.

Todo isto fíxome aprender que a vida hai que afrontala como vén e buscar a nosa felicidade a pesar das adversidades. Nunca debemos tirar a toalla.

Un dos meus intereses de sempre foi o deseño gráfico e realicei no CIFP Compostela o FP de grado medio de Preimpresión Dixital. Paso moitas horas diante do ordenador realizando diferentes deseños e logotipos. Estes son algúns exemplos das miñas creacións:


Estas camisetas están impresas por sublimación ao igual que as cuncas de café inferiores.

Acudo ao servizo de MAPIS de Sarela dende marzo de 2022. Estou moi contento sobre todo polos compañeiros e compañeiras. Síntome parte dun grupo e axudámonos no que podemos.
O meu maior desexo nesta vida tras o DCA e poder traballar e ter unha vida o máis autónoma posible. Se pode ser de deseñador gráfico pero se non do que vaia saíndo porque ao fin e ao cabo o deseño é para min un un hobby que me acompañará sempre no meu día a día.

"Se a vida che pon obstáculos, o teu reto é superalo"

Fai comentarios ou pregúntame o que queiras!!!










Comentarios

  1. Esta moi ben o articulo coincidimos en moitas cousas, e eu aprendin que se pode diisfrutar da vida igual que antes cando os poucos dias de darche a crisis (a min doume un ictus) pensas que xa se acabou todo ,que xa non queda nada que facer , animo amigos e moita forza pa seguir luchando

    ResponderEliminar
  2. Ola Eloy encantada de conocerte, Sigue luchando como lo estás haciendo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA