SEGUIMOS CRECENDO

Ola a todos e todas de novo, Este ano Sarela, en adiante Dano Cerebral Santiago de Compostela cumprimos XXV anos. Aí é nada. Temos xa unha traxectoria e podemos dicir con orgullo que somos un centro de referencia na atención ás persoas con Dano Cerebral Adquirido e as súas familias da Área Sanitaria de Santiago de Compostela. Nestes 25 anos cambiaron moitas cousas: sede, profesionais, servizos... pero o que non cambia é a nosa ilusión e a nosa forma de traballar na que a persoa é o centro das nosas intervencións. Traballamos en prol da mellora da autonomía das persoas con Dano Cerebral Adquirido. Lanzamos unha campaña en redes para que votedes o noso lema para este ano: XXV de Novos Retos XXV anos de Novas Vidas XXV anos Desenvolvendo Camiños para a Autonomía Así que xa sabedes.. adiante coa votación e compartide. O lema gañador foi "XXV anos de Novos Retos polo que xa o veredes por aquí. Gracias a tódalas persoas que votaron e compartiron. "Fagamos visible o Dano Cerebral ...