TRAZANDO CAMIÑOS
O pasado 20 de xuño Sarela organizou as Xornadas Trazando Camiños no que eu Vicente Maneiro fun convidado a participar nunha das Mesa Redondas. A entidade xunto coa Orientadora Laboral, Noelia Parente do Servizo de Orientación Laboral (SOL) pretenderon que esa xornadas se convertiran nun espazo de reflexión e posta en común de experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con Dano Cerebral. Explicábame Noelia que os datos en relación á situación laboral das persoas con DCA indican que só o 13% destas persoas declaran ter traballo cando antes da lesión o tiñan o 71%. Os estudios sobre calidade de vida tamén conclúen que o 58% das persoas con Dano Cerebral perciben que a súa situación laboral deteriorouse e que se suma ao empeoramento do estado de saúde, benestar emocional, relacións sociais etc. Na miña Mesa chamada " O camiño do dano cerebral cara a inclusi...