CREANDO

Ola de novo a todas e todos, Esta semana despois dos festivos e de pasalo xenial, queremos compartir convosco o resultado dunha das actividades que máis tempo leva no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) e que tamén facemos no Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión social (MAPIS). No SADT a actividade chámase "Expresión Artística" e en MAPIS "Creativamente". Para a tenda de Sarela a tenda de Sarela realizamos un "Pack Verán" formado por unha bolsa, un estoxo garda todo e unha funda para gafas ou teléfono móbil realizadas completamente a man. Imos a explicar cada obxecto: Bolsa de praia: o exterior da bolsa está estampado a man e no interior está forrado con tea impermeable. O peto exterior está realizado cunha rede de pesca reutilizada da zona de Muros. Ten peche con botón de presión e un enganche interior para o garda todo do conxunto. As medidas son de 40X56 cm. Garda todo: como a bolsa, o exterior está decorado a ...