COÑECER É PODER

Ola de novo a tod@s. Que tal estades? Este mes de outubro celebramos o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido (26 de outubro) e parecíanos interesante comentar unha das accións que realizamos ese día e tamén durante todo o ano para sensibilizar á poboación e axudar a previr o Dano Cerebral Adquirido (DCA). Ademais, o día 29 celébrase tamén o Día Mundial do Ictus que é a primeira causa do DCA. Esta campaña realízase todos os últimos mércores de mes, a excepción dos meses de verán. Compañeiros do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) explícanmos a continuación como funciona a "Campaña de Ictus" falando coa profesional responsable durante o último ano, a educadora social Noelia Castro. Decidimos facerlle unhas preguntas para que quede moi claro. Se tedes algunha máis preguntade en comentarios. Quen decide os centros de saúde a onde ir? A responsable do Servizo de información e Apoio ás familias de Sarela, ponse en contacto coa xerencia do hos...