DESFRUTANDO DA CIDADE DE COMPOSTELA

No mes de marzo varias persoas de SADT fomos á exposición “Sempre Máis” no Auditorio de Galicia que trataba sobre o recordatorio da traxedia do afundimento do Prestige cando se cumprían 20 anos do suceso. Trátase dunha exposición de obras anónimas, cousa que nos chamou atención e nos gustou moito. En primeiro lugar g ustaríanos destacar que isto se debería repetir máis a miúdo para que non quedase no esquecemento e non se volvera a repetir unha traxedia coma esta. Agora imos falar sobre a súa accesibilidade para poder axudar a outras persoas que teñan dificultades de mobilidade. Ao chegar ao Auditorio de Galicia vas atopar prazas de aparcamento reservadas preto da porta para poder aparcar sen problemas. Na entrada, despois da rampa, decatámonos de que a porta non é accesible para todas as persoas. Para abrila, unha compañeira en cadeira de rodas non o podía facer ela soa, precisando de alguén que lla abrira. A solución sería unha porta corredeira para fa...