SEGUIR ADIANTE
Ola a todos e todas de novo. Esperamos que tiverades un Nadal marabilloso. Nós retomando folgos para este novo ano o 2025, que é moi especial para a nosa asociación xa que o 19 de decembro fai 25 anos que naceu Sarela, agora Dano Cerebral Santiago de Compostela. Non puidemos celebrar o XX aniversario por mor da pandemia mundial pola COVID-19 co que este ano imos a a tirar a casa pola ventá e tentaremos dar visibilidade ao colectivo do DCA. Na entrada de hoxe queremos solidarizarnos cunha enfermidade que por desgracia é tamén moi común no noso colectivo, a depresión, que o 13 de xaneiro celebrou o seu día. Ademais consideramos que as persoas que a sofren son estigmatizadas como tamén nos pode suceder a nós. O DCA implica un cambio de vida radical, o cal non queda máis remedio que asumir, tanto nós como a xente que nos rodea, facendo fincapé na familia máis directa. Como dicimos sempre, o DCA é un tsunami. Isto require moitísimas adaptacións na nosa vida e na da nosa familia. Moitas...