Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

DISFRUT@NS

Imaxe
Ola a todas e todos!                                         A volta de despois do verán estanos custando moito e somos uns pouco lacazáns.  Tocaba entrada hai dúas semanas. Comprometémonos a continuar con entradas cada dúas semanas así que estade atentos e atentas. Coincidindo coa Festa da Guadalupe, varias persoas do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica ( SADT) que se celebra no mes de setembro. É unha Festa de Interese Turístico na que renden homenaxe  á Virxe de Guadalupe, á que se atribúe a protección do pobo durante a epidemia de cólera que afectou a Galicia no ano 1854. Nós asistimos ao Feirón-Mariñeiro, no que puidemos observar diferentes postos con variedade de cousas. Todo amenizado con tradicional tocada por artistas da zona, o que nos pareceu xenial. Fomos dar unha volta polo feirón, no que vimos representación dos oficios propios da época.: alfareiros, ferreiros, carpinteiros e canteiros. Podendo observar de forma tanxible como se realizaban estes oficios no pasado. Hou