Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2024

SUPERANDO BARREIRAS

Imaxe
Ola a todas e todos! Xa estamos de volta despois do verán coas pilas cargadas. Esperamos que pasarades unhas boas vacacións. Desta volta queriamos contar que o pasado venres 6 unha persoa usuaria do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS)  recibiu un premio do seu concello, Boiro, á superación persoal. A continuación facemos un resumo do acontecido e dos demais premiados e premiadas: O acto celebrouse no Pazo de Goiáns (Boiro) e son  uns galardóns que teñen como finalidade recoñecer e promover a labor social e de voluntariado de entidades, persoas e empresas no municipio. O acto, presentado por Miryam, Martín, Tiziano, Ana e Irimia, do grupo Turbina, que durante o ano leva a cabo diversas actividades e accións de voluntariado, comezou coa proxección dun vídeo que pon en valor a rede de benestar de Boiro. Os presentadores do acto entregaron o distintivo á  "Superación e ao Exemplo"  ao noso compañeiro o ciclista Carlos Mora Eiras en rec