FEIREANDO
Ola a toda e todos unha semana máis! Despois de celebrar o Día do Apóstolo, festivo en toda Galicia, desde o SADT queremos contarvos a nosa visita á Feira Medieval de Noia que se celebra dende o ano 1997. Como vedes van alá 27 anos e podemos afirmar que cada ano é mellor e tamén cada ano visítana máis persoas. Nos fomos visitala o pasado venres 19 de xullo. Saímos do centro ás dez da mañá e en apenas 40 minutos chegamos. Unha vez alí fixemos unha visita pola vila que está ambientada na época medieval. Ademais hai un montón de postos nos que podemos atopar xoias, xabróns artesáns, ferramentas agrícolas, cetrería de especies naturais, postos de comida, artigos de decoración, especias, produtos naturais para facer tatuaxes e para realizar a depilación así como postos de comida con churrasco, empanada, pan, doces, cerveza e viño. As persoas dos postos estaban vestidas como na época medieval e tamén moitos visitantes e así levounos a pensar que ao mellor para o ano a...