Creando un soporte para cartas e unha casa para paxaros

CREATIVAMENTE: BRICOLAXE Hola a tod@s estamos encantados de seguir contándoos o que estamos a facer na actividade de Bricolaxe. Creamos un soporte para as cartas e para o dominó para que os compañeiros con hemiplexia poidan disfrutar destes xogos. Gústavos?? Proceso de creación do soporte realizado por Santiago Quintás Rematamos os tableros de damas e xadrez e comezamos a facer diferentes casiñas para páxaros. Tamén creamos un atril para axudar, sobretodo, á hora de pintar.