REHABILITANDO
Ola a todas e todos unha semana máis. Desta volta queriamos contarvos unha saída que nos gustou especialmente e da que desfrutamos moito os compañeiros e compañeiras, así como as profesionais, do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e a Inclusión Social MAPIS . Anotade porque paga a pena facer esta visita. Fomos de excursión até o concello de Outes, na ría de Muros-Noia, para visitar unha xoia do seu patrimonio industrial: o Estaleiro Ciprián. Este antigo estaleiro foi rehabilitado e hoxe está convertido nun espazo museístico da carpintaría de ribeira e tamén acolle unha oficina de turismo. Neste enlace tedes a localización e neste outro información da páxina web do Concello de Outes sobre o estaleiro. Na visita explicáronnos que antes de comezar a rehabilitación, realizouse un estudio que puxo en contexto a historia do edificio e a súa importancia como patrimonio marítimo. Na actualidade, o edificio ten uso cultural que respectan e non esquecen as súas tradicións